25.11.09

ACTIVIDADES do ANO

Este ano multiplicáronse as clases, e os alumnos, en TempoNovo¡¡¡¡

ENCAIXE DE BOLILLOS martes -por Miluca

PANDEIRETA mércores - por María Xosé Silvar

BAILE TRADICCIONAL mércores -por María Xosé Silvar

GAITA mércores -por Pablo Díaz

DJEMBÉ xoves -por Arestide

FRANCÉS xoves -por Moisés Bala

aínda vos podedes apuntar a algunha das actividades, animádevos. Temos prazas libres para Bolillos, Gaita, Djembé e francés.

27.10.09

TORNEO FUTBOLÍN

Xa se está a preparar o Torneo de Futbolín Human¡¡¡¡ realizarase no polideportivo do Ventorrillo (A Coruña). Haberá equipos mezclados coa gente de Brasil, Galicia, Camerun, Cabo Verde... Faránse equipos mixtos, e poderá xogar xente de calqueira idade¡¡¡¡¡

Despóis teremos sesións de Curtametraxes no local da sociedade e unha cena popular que se rematará cunha entretida foliada.
Animádevos e participade, facede equipo¡¡¡¡¡

(Organiza: Temponovo + colectivo Mondelivre)

19.10.09

MUNDIALIÑO de FUTBOL vídeo

E xa temos o video do partido¡¡¡¡
O vencedor foi CaboVerde, pero a verdade que neste partido gañamos todos¡¡¡¡¡
ahí vos queda o recordo



13.10.09

MUNDIALITO FUTBOL




O próximo día 17 de Octubro celebrarase o primero Mundialiño Mondelivre de fútbol sala no polideportivo do Ventorrillo ( A Coruña) coas seguientes seleccións:
- Camerún. ( 2 equipos)
- Senegal.
- Cabo Verde.
- Galicia.
- Mondelivre.
- Tarabela. ( 2 equipos)
Despóis celebraremos un Magosto con Repichoca.

29.9.09

FESTA AFROGALAICA

Temos que recoñecer que o resultado da I Festa AfroGalaica en Elviña foi un auténtico éxito. Chegou xente de todas partes con un gran interese por participar neste evento¡¡¡. Xogamos ó fútbol, baloncesto, brilé, a corda e moitísimas cousas máis¡¡¡¡
Graciñas a todos os que vos animachedes a vir: os de Coruña, Cecebre, Lalín, Cabo Verde, Senegal, Camerún, os da capoeira... a todos , todos, vai adicado este pequeno resumo do día e o fermoso fotomatón¡¡¡¡¡¡






28.8.09

I FESTA AFROGALAICA


Para o sábado 26 de Setembro temos preparada, en San Vicente de Elviña, unha festa AFROGALAICA, na que se disfrutará dunha xornada do máis completiña. Non deixedes de vir a esta cita cultural-deportiva, onde non faltarán as risas, a festa e a multiculturalidade.

PROGRAMA

- Torneo Internacional de Fútbol 4 -mañá e tarde- enfrontaranse equipos africanos e galegos.
- Competición de Futbolín -mañá e tarde-.
- Partidos de Baloncesto -mañá e tarde-.

- Degustación de comida africana e galega, para xantar, a prezos anticrise.

- Xogos populares -tarde-.
- Entrega de premios, ó final da xornada.

- Festa Hortera para a noitiña, amenizada por músicos espontáneos de tódalas nacionalidades; gaitas, djembés, pandeiretas...

Facede equipo e apuntádevos á festa¡¡¡¡¡

A festa organízase en colaboración con mondelivre.

19.6.09

REAPERTURA BAR


Este sábado, reapertura do Bar-Ambigú da SRDC Tempo-Novo, cos novos taberneiros, Oscarín e Samuel. Para apoiar a estes dous novos empresarios, non faltedes á cita, este sábado 20 de Xuño. Haberá mexillóns para todos de balde¡¡¡

22.5.09

TALLER DE DANZA DO VENTRE

O fin de semá 6 e 7 de Xuño realizarase na SRDC Tempo Novo un taller de Danza do Ventre, impartido pola mestra Eva Domínguez, auténtica profesional da danza e da fotografía.

O taller comezará o sábado 6 pola tarde, as 16:30, e ó longo de 3 horas ensinaranse os pasos e movementos básicos desta danza oriental. Despóis de descansar, ó chegar a noitiña, iremos tomar unha deliciosa cea lixeira á de Carmelo, en Castro de Elviña. A festa continuarase ó longo da noite, poñendo en práctica os movementos aprendidos.

O domingo 7 concluirase, as 16:30 da tarde cunha coreografía dos movementos aprendidos.

O coste deste taller, sería de 35 €, todo incluído, TALLER + CEA

Como mínimo, para poder facer o taller necesitamos contar cun mínimo de 13 persoas.

Para apuntarse, pódese mandar un e-mail o correo da sociedade: srdctemponovo@hotmail.com ou ben a rakicastro@hotmail.com, tamén poñéndose en contacto con calquera dos membros da directiva ou chamando ó teléfono 653 253 976

ANIMÁDEVOS E NON DUBIDEDES EN APUNTARVOS¡¡¡¡¡¡¡

20.4.09

FESTA do 1 de MAIO


Invitámosvos a participar na nosa xa tradicional Festa do 1 de Maio. Preparade deliciosos postres e tortillas e participade no concurso, haberá moi bos premios para os gañadores¡¡¡
Durante a entrega de premios haberá unha degustación de empanada, pinchos varios e a presentación das tortillas concursantes e postres.

A hora de entrega, ás 5 e media da tarde.
Os premios, ás 7 da tardiña.

27.10.08

WEB ELVIÑA FOLK

Este ano temos blog para que consultedes toda a información sobre o que se vai facer no festival ELviñaFolk e máis sorpresas¡¡¡¡¡



CURSOS 2008/09

     

LUNS: BAILES DE SALON 21h a 22h

MARTES: PANDEIRETA 20:30h a 22h

MERCORES: ENCAIXE DE BOLILLOS 20:30h a 22h

XOVES: GAITA 20:30h a 22h



teléfono de información 981 135 206

31.8.08

ELVIÑAFOLK 2008



De novo no mes de Setembro temos na axenda festivaleira o ELVIÑA FOLK, este ano con tres grupos punteiros no panorama musical galego.


BONOVO

QUEMPALLOU

ULTRÄQÄNS



Non faltedes a esta cita, o venres 12 de Setembro¡¡

O festival comezara con unha grande degustación de Callos de Elviña a partir das 20:00h do venres.

Para os que non coñezades como chegar a San Vicente de Elviña, so tedes que buscar o Campus Universitario de A Coruña, é xusto diante do Arquivo Xoana Capdeville. Na explanada pegada a SRDC Tempo Novo esta o escenario cuberto e a carpa, para se chove, non mollarnos.

Vémonos en ELVIÑA¡¡¡¡



FESTAS DE SAN VICENTE DE ELVIÑA 2008



Próximas festas en San Vicente de Elviña.

12, 13 e 14 de Setembro


venres 12: festival ElviñaFolk. Coa actuación de:

BONOVO
QUEMPALLOU
ULTRAQANS

A partir das 20:00 degustación de sabrosísimos callos de Elviña¡¡¡¡¡

non faltedes a este poderoso festival carneiro¡¡¡


sábado 13:

14:00h sesión vermú amenizada pola orquestra NAIPE

19:00h delicioso polbo á feira no campo da festas

22:00 verbena coa orquestra NAIPE e o rematar comezará unha sesión dj.


domingo 14:

dinas e alboradas

14:00h sesión vermú amenizada pola orquestra MEDITERRÁNEO

18:00h xogos infantís e chocolatada

22:00 verbena coa orquestra MEDITERRÁNEO,
no descanso da orquestra haberá un sorteo con dóus estupendos premios: 1º porco e figura de cerámica EIRA e 2º fin de semá na casa rural CASA dos NOCHE.

24:00 Lumes de artificio







9.6.08

ELVIÑA SON


Este sábado, novos concertos en San Vicente de Elviña

Data: SÁBADO 14 de XUÑO

Lugar: Na S.R.D.C TEMPO NOVO, en San Vicente De Elviña (enfrente do arquivo Xoana Capdeville no campus de Elviña)

Programa:

– A partir das 7:30 da tarde Sardiñada popular

– A partir das 9:30 da noite Concertos e Malabares

Chamito el FlaKo (Funk Mestizo)
Percubolas (espectáculo de pelotas y cajones)
Duploson (Funk Fusión)
Pulpo Reggae sound (Goodchilla Positive vibes)

23.4.08

FESTA do 1 de MAIO

Outro ano máis invitámosvos a participar na tradicional Festa do 1 de Maio. Preparade as vosas tortillas e os vosos deliciosos postres e participade no concurso, haberá moi bos premios para os gañadores¡¡¡