28.8.09

I FESTA AFROGALAICA


Para o sábado 26 de Setembro temos preparada, en San Vicente de Elviña, unha festa AFROGALAICA, na que se disfrutará dunha xornada do máis completiña. Non deixedes de vir a esta cita cultural-deportiva, onde non faltarán as risas, a festa e a multiculturalidade.

PROGRAMA

- Torneo Internacional de Fútbol 4 -mañá e tarde- enfrontaranse equipos africanos e galegos.
- Competición de Futbolín -mañá e tarde-.
- Partidos de Baloncesto -mañá e tarde-.

- Degustación de comida africana e galega, para xantar, a prezos anticrise.

- Xogos populares -tarde-.
- Entrega de premios, ó final da xornada.

- Festa Hortera para a noitiña, amenizada por músicos espontáneos de tódalas nacionalidades; gaitas, djembés, pandeiretas...

Facede equipo e apuntádevos á festa¡¡¡¡¡

A festa organízase en colaboración con mondelivre.