25.2.08

S.R.D.C. TEMPO NOVO

Benvidos ó blog da S.R.D.C. Tempo Novo, sociedade ubicada na Parroquia de San Vicente de Elviña.

A S.R.D.C. Tempo Novo naceu o 15 de febreiro de 1978 co obxecto de mellorar e potenciar a vida social, cultural e deportiva de tod@s @s asociad@s e veciñ@s de Elviña e Castro de Elviña, así como de desenvolver os valores de convivencia e solidariedade e sementar a creación de lazos sociais. As actuais instalacións son inauguradas en maio de 1985 e constan dun salón de actos, sala de xogos, secretaría e unha biblioteca composta por uns 3000 volumes máis unha fonoteca especializada en música tradicional do País.

En anos anteriores, impartíronse cursos e actividades tales como: gaita, pandeireta, acordeón diatónico, baile tradicional, encaixe de bolillos, baile de salón, manualidades... Neses anos creouse a Banda de Gaitas Os Rexumeiros (co director da banda: Bieito Romero, e destacados compoñentes coma: Susana Seivane, Brais Maceiras, Melo Suárez, Patxi Bermúdez, Xan Papaqueixos, Xulio Coira, etc…) acadando numerosos premios ao longo da súa traxectoria. Leváronse tamén a cabo actos, charlas, coloquios, conferencias e festas: Magosto, Nadal, Entroido, Día das Letras Galegas, 1 de Maio…

Actualmente, impártense clases de pandeireta, gaita, encaixe de bolillos, taichi e organízanse exposicións fotográficas sobre temas de actualidade e repercusión social en Galicia.


BREVE HISTORIA DE SAN VICENTE DE ELVIÑA

San Vicente de Elviña é unha parroquia localizada no sur do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal de 2004 contaba con 6.075 habitantes (3.079 mulleres e 2.996 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 (cando contaba con 4.940 habitantes). Unha primeira ollada á historia da epoca medieval levaríanos até a igrexa parroquial de San Vincente, dentro de Elviña, de estilo románico. Bastante alterada nas súas formas, aínda resulta moi vísibel a primitiva igrexa edificada cunha nave única e unha absida rectangular. En xaneiro de 1809 as terras de Elviña foron escenario da batalla entre o exército napoleónico e as tropas inglesas en retirada, que pretendían embarcar no porto da Coruña. San Vicente de Elviña foi sempre, segundo a documentación conservada desde a Idade Media, un espacio agrario sen solución de continuidade.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Felicidades por poñeres en marcha un blog, a ver se entre todos lle imos dando vida (anque tamén tiremos do Facebook)

Anónimo dijo...

buenisimo chabales es lo mejor que podiais acer un abrazo.